Estrela Escura estrea hoxe o seu novo blog, onde, ademais de publicarse as edicións da revista, incluiranse as novas e a información que vaian xurdindo. Despois dunha primeira publicación, Diáspora, que acadou bastante fama entre os habitantes de Fisterra, lugar onde xurde o colectivo, alá por setembro do ano pasado, preséntase este blog co que esperamos chegar a máis xente.
A páxina, cuia dirección é http://estrelaescura.blogspot.com, ten como obxectivo afianzar a nosa voz na rede e axudar á difusión do noso colectivo poético.
Admítense tódalas entradas por parte dos visitantes, sempre e cando non supoñan un atentado contra os demais ou unha falta de respeto, e existe unha dirección de correo electrónico para contactar co administrador: administradorestrelaescura@gmail.com
2007/06/12
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)

3 comentarios:
Alegrome moito q por fin se tome a iniciativa de publicar por internet esta revista que tanta sona non intencionada tivo en fisterra.intenramos actualizar o mais pronto posible este blog ca revista xa publicada e novas da que esta por comezar.unha forte aperta.
Espero que todo o nóso esforzo véxase recompensado como se merece. Pola nósa parte, o obxetivo é fortalecer e nutrir cada revista e facela máis forte. Espero tamén que toda a xente que lle guste escribir, non dubide en facelo neste recuncho onde as palabras son ouro e os versos pérolas que deben brilar cada vez máis. Aproveito para agradece-lo traballo importantísimo de Frederick Tácito e Gorem, o novo director desta revista. Ánimo.
Vaia sorpresa, camaradas! Alégrame comprobar que Fisterra conta con futuro. Contade comigo para o que necesitedes, tanto para axudarvos a impulsar a vosa revista como para, humildemente, impulsar o voso quefacer literario. Unha forte aperta desde o Cabo da Nasa ao Ghavoteiro.
Publicar un comentario